Portal de tu Ciudad Alta

06/04/2010

Comeza o curso de danza contemporánea para avanzados con Kirenia Martínez

📍 Laboratorio de Movementos (Seis prazas por orde de inscripción no 659 888 709) Rúa do Medio (paralela a R. de San Pedro) 15, baixo

🎟️ 80 euros ao mes

O movemento como recurso dramático e a investigación sobre o contacto e a improvisación son dúas das liñas que vertebran este curso orientado a profesionais e estudiantes avanzados das artes do movemento.

A teatralidade na danza e a dramaturxia na escena son as bases estables do traballo da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez. Formada na Escola Superior de Arte de La Habana. É cofundadora da Cía. Entremáns. Entre os seus últimos trabalos como bailarina e coreógrafa están A medio metro de lo vivido e GAME OVER.

O curso desenvolverase ata o final de xuño, todos os martes e mércores de 11:30 á 13 horas.