07/04/2010
Sepultura en concerto
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
🎟️ 25 euros no despacho de billetes, 22 euros anticipada
A Capitol acolle un concerto de catro bandas de metal, encabezado polos brasileiros Sepultura, e no que tamén actúan Crowbar, Hamlet e Armed For Apocalypse.
Sepultura é a banda brasileira de metal máis coñecida internacionalmente. Foi creada en Belo Horizonte en 1984 polos irmáns Iggor e Max Cavalera. A súa música caracterízase pola diversidade das súas influencias, que van de diferentes estilos de metal ao hardcore, a música indíxena brasileira e outras músicas tribais.
En 1996 acadaron un gran éxito internacional co álbum Roots. Despois dese álbum, o vocalista Max Calavera abandonou o grupo. Na actualidade a banda fórmana Derrick Green, Andreas Kisser, Paulo Jr. e Jean Dolabella.