Portal de tu Ciudad Alta

11/04/2010

A Banda Municipal interpreta aos compositores rusos

📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.

Dentro do ciclo de Grandes Compositores, a Banda Municipal de Música adicará un concerto aos compositores rusos. A agrupación interpretará Danzas Guerreiras do Príncipe Igor de A. Borodin, A Grande Pascua Rusa de N. Rimski-Korsakov, Stemka Razin de A. Glazunov e Boris Goudunov de M. Moussorgsky.

A Banda Municipal é unha das máis antigas de Galicia, xa que se formou en 1849. Na actualidade conta con 38 compoñentese e entre as súas actividades destacan os concertos dominicais, os de verán e os didácticos.