06/04/2010 – 08/04/2010
Congreso internacional 'Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre nacionalidade'
📍 Consello da Cultura Galega Pazo de Raxoi, 2º andar.
Este congreso internacional reúne profesores universitarios, profesionais da xestión cultural e artistas de Galicia e Arxentina para reflexionar arredor da figura do intelectual galego Luís Seoane, do que este ano se cumpre o primeiro centenario do seu nacemento.
Luís Seoane naceu en 1919 en Bos Aires (Arxentina) e faleceu en 1979 na Coruña, nas terras dos seus antepasados. A súa vida e obra estiveron consagradas á actividade cultural e artística, nun exercicio de dobre cidadanía, que o fixo sentirse membro das dúas patrias. Este congreso é a primeira das actividades promovidas pola Fundación Luís Seoane e o Consello da Cultura Galega durante o 2010 para celebrar o centenario do seu nacemento.
O congreso pretende retratar a figura e as actividades creativas de Luís Seoane atendendo á súa dobre dirección territorial e cultural, entre a emigración e o exilio, entre as activas e diversas facetas como axente creativo e a construción dun proxecto cultural de intensa repercusión e influencia.
Abrirase o día 6 ás 10 horas coa conferencia "Las Argentinas de Luís Seoane", a cargo de Beatriz Sarlo, profesora da Universidade de Buenos Aires, e finalizará o día 9 ás 17 horas na Fundación Luís Seoane, co relatorio "As Galicias de Luís Seoane", que pronunciará Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.
Doutros aspectos do quefacer dunha figura poliédrica (artista, escritor, deseñador, comunicador) ocuparanse María Luísa Sobrino, Hernán M. Díaz, Xosé M. Núñez Seixas, Fernando Devoto, Luís Alberto Romero, Diana Wechsler, Rodrigo Gutiérrez Viñuales, Manuel Castiñeiras, Rosario Portela Yáñez, Arturo Casas, Xosé Luís Méndez Ferín, Xusto Beramendi e Antón Patiño.
A asistencia está limitada a un máximo de cen persoas. A inscrición pode realizarse a través da web do Consello da Cultura Galega.