Portal de tu Ciudad Alta

23/05/2016 – 31/12/2016

Centro Starben, servizo de baile para noivos

📍 Av. de Lugo 219 Santiago de Compostela

🎟️ Consultar

¿Queres facer da túa voda o día máis especial ó mesmo tempo que sorprendes ós teus convidados? Neste caso, o Centro Starben pode axudarche a facer deste evento un momento inesquecible.
O centro de pilates e ioga Starben conta co servizo “Iria y Jesús Bodas y Ceremonias” no que os noivos poden preparar a coreografía coa que deixarán a todos coa boca aberta. Mediante un trato personalizado e individual, tendo en conta sempre as ideas que os clientes queren levar a cabo, este servizo adáptase a todo tipo de estilos de baile e música. O resultado disto é unha coreografía totalmente única e orixinal coa que sorprender nunha data tan sinalada.
Ademais de traballar cos noivos, “Iria y Jesús Bodas y Ceremonias” ofrece os seus servizos para que non só eles sexan os protagonistas dese día. Dende coreografías con invitados, pasando por show dance temáticos e animación na festa, o centro Starben asegura que este tipo de celebracións acaben sendo unha gran festa da que todos os participantes se leven un gran recordo. É máis, este servizo tamén se oferta para a celebración de distintas ceremonias como comunións ,de forma que os máis pequenos da casa disfruten ó máximo do seu día.
 A que estás agardando? Acércate ó centro Starben para recibir información de como podes sacar o bailarín que levas dentro xunto coa túa parella.

DIRECCIÓN:
Avenida de Lugo 219 bajo
15703 Santiago de Compostela
info@centrostarben.es
Tel: 881 947 903
Atención ao público; Martes e Xoves de 18 a 20:30 h
http://www.centrostarben.es/