Portal de tu Ciudad Alta

24/06/2016

Blackout, espectáculo benéfico de IB Urban Dance Studio

📍 Auditorio de Galicia

🎟️ 5 euros

IB Urban Dance Studio ten preparada unha sorpresa moi grande e ti non podes perdela. Este ano, antes de comezar os intensivos de xullo e o campamento Urban ActiON, o Studio de danzas urbanas de Santiago de Compostela presenta “BLACKOUT”, unha gala de carácter benéfico.
Esteo espectáculo destinará a súa recaudación a UGADE (Unión Galega de Epilepsia) e terá lugar o 24 de xuño ás 18:00 horas na sala Brage do Auditorio de Galicia. O prezo da entrada, as cales se poden conseguir no Studio ou no propio auditorio, é de 5 euros e os nenos de ata 3 anos incluídos terán acceso gratuíto.

Baixo unha aposta orixinal e rompedora, “BLACKOUT” promete sorprender ó público mediante as coreografías que os alumnos da escola levan preparando durante o curso xunto con outras pequenas sorpresas. Por iso, non esperes a que cho conten, vén a descubrir por ti mesmo o novo espectáculo de IB URBAN DANCE STUDIO. Agardámoste!

 http://www.ibdancestudio.es/
 https://www.facebook.com/ibdancestudio/