Portal de tu Ciudad Alta

22/04/2010

Los hijos bastardos de Peter Lorre

📍 ULTRAMARINOS, Rúa Casas Reais, 34

🎟️ 3€ entrada / 5€ entrada + vinilo

Horario : 22:30

Nacidos entre pocións, calaveras e conxuros, cunha actitude e son completamente tolo, estes fans de Screaming Lord Sutch, das vellas series de ciencia ficción e dos donuts, adícanse a destrozar perlas ocultas do rock'n'roll e o r'nb, coa mesma decadente elegancia coa que seu pai protagonizaba as vellas películas de Roger Corman. No seu repertorio encontrarás temas de Chuck Berry, The Rolling Stones, Eddie Cochran, Bo Diddley, The Sonics o The Trashmen, pasados por un filtro de crudeza e reverberación, que te farán sentir unha excitante mestura de terror e pracer. A banda perfecta para pasa-la noite do xoves meneando o esqueleto. Agora entrado o 2010 presentan o seu primeiro traballo discográfico, un vinilo de 7'' gravado en Circo Perrotti por Jorge Explosión e Mike Mariconda, e publicado por Freeky Dicky Records con temas propios e seu son de sempre..."