Portal de tu Ciudad Alta

28/04/2010

Emilio José

📍 ULTRAMARINOS, Rúa Casas Reais, 34

🎟️ 3€

Horario: 22:30

Está confirmado xa para o Primavera Sound e o Sónar deste ano.
Directamente dende Quins, Ourense, Emilio José tráenos o seu disco Chorando apréndese: unha morea de sons e estilos diferentes onde as letras teñen un protagonismo fundamental: amor, odio, cultura, política... Unha proposta novidosa e atrevida.
Segundo el mesmo define, o seu traballo sona coma “se os Flaming Lips fichasen a Julio Iglesias de cantante (esto conceptualmente; por desgracia a miña voz pouco se parece á do maestro) e gravasen un disco composto por D'Angelo --despois de escoitar intensivamente aos Beach Boys-- e producido polos Moldy Peaches, pero uns Moldy Peaches cutres cutres.”

www.myspace.com/singstaralone