Portal de tu Ciudad Alta

16/06/2016

El Punto!, Danza Teatro

📍 Sala Agustín Magán

El Punto! Danza Teatro presenta ‘El Olimpo no es aquí’ en Compostela as 20.30 na sala Agustín Magán

A compañía andaluza presenta este espectáculo de danza urbana na nosa cidade dentro do ciclo Danza a Escena de La Red de Teatros, Auditorios, Circuítos y Festivales do INAEM

As entradas, a un prezo de 8 euros (4 € cos descontos habituais), poden mercarse no Teatro Principal, na web e teléfono de Abanca, e o propio día do evento na sala Agustín Magán

El Punto! Danza Teatro é unha compañía xestionada por Eléctrica Proyectos Culturales. Fundada polo coreógrafo, produtor e intérprete Fernando Lima, adopta unha linguaxe persoal que nace da necesidade de mesturar distintas disciplinas artísticas. O deseño das súas pezas navega nunha atmosfera onírica onde elementos moi próximos a nós gañan unha dimensión lírica, cargada de simboloxía. O traballo dramatúrxico, como procura dun diálogo que sirva para conectar e comunicar, é o punto de partida para a creación dos seus espectáculos.