Portal de tu Ciudad Alta

28/06/2016

Proxección de 'A Traviata'

📍 Sala Mozart do Auditorio de Galicia

20.00 horas.
A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acolle a proxección da ópera 'A Traviata' de Verdi interpretada no Festival d’Aix-en-Provence 2014. Trátase dun evento gratuíto que se leva a cabo coa colaboración, ademais do Festival, do Institut Français, Arte e a Fondation Orange

SINOPSE
Violetta Valery é unha muller que ve como o seu presente de muller namorada non vai ter continuidade a causa dunha enfermidade, por culpa do seu pasado turbulento. Violetta é una cortesana que espertou un gran amor en Alfredo Germont e que acaba sendo correspondido por ela ata o extremo de abandonar a súa vida anterior para irse a vivir con el.
 
FICHA
‘A Traviata’
Giuseppe Verdi (1813 – 1901)
Ópera en tres actos, libreto de Francesco Maria Piave
Segundo A Dama das Camelias de Alexandre Dumas fillo
Estreada o 6 de marzo  de 1853 no Teatro de la Fenice de Venecia
 
Dirección musical: Louis Langrée
Posta en escena: Jean-François Sivadier
Escenografía: Alexandre de Dardel