Portal de tu Ciudad Alta

30/04/2010

Obradoiro de narrativa

📍 Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal Avda. de Xoán XXIII.

Horario : 18:00

O escritor Xosé Monteagudo dirixe este obradoiro sobre narrativa, tanto relatos como novelas, dirixido a persoas con inquedanzas literarias. O curso, que se desenvolverá en catro sesións de 150 minutos os venres de abril, admite ata 25 persoas, con inscrición previa.

Xosé Monteagudo naceu en Moraña en 1965. É licenciado en Dereito, comezou a súa traxectoria literaria ao obter o accésit no premio Modesto R. Figueiredo do ano 2001 co relato "O engado do triángulo".

A súa primeira novela, As voces da noticia, resultou gañadora do Premio Blanco Amor no ano 2002; nela, o autor sérvese de transcricións de fitas magnetofónicas, correos electrónicos, entrevistas e mesmo actas xudiciais para tecer unha narración na que as voces dos protagonistas reflicten cadansúa percepción dos acontecementos.

En 2006 publica a súa segunda novela, titulada Esta historia, na que reconstrúe unha biografía xuvenil a partir das lembranzas universitarias. En 2009 recibiu o Premio García Barros pola novela Un tipo listo.

Todolos venres do mes de abril.