Portal de tu Ciudad Alta

10/04/2010

Obradoiro de ilustración con Jacobo Fernández

📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13

Horario : 10:30

Jacobo Fernández é un dos mellores ilustradores e autores de banda deseñada galegos actuais. O sábado iniciará a nenos e nenas de 6 a 12 anos á ilustración, e porán en práctica o aprendido creando un persoaxe e unha ilustración do mesmo. Para participar é necesaria a inscrición previa.

Jacobo Fernández é ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. É o creador da serie dos Arquivos do Archimboldo Roque para a revista Golfiño, que despois foi publicada nun só álbum. Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica Dos Veces Breve, así como da segunda época da revista BD Banda, na que desenvolve a serie titulada Animais pantasma. Ao mesmo tempo, continúa facendo ilustración e banda deseñada para nenos.

Co álbum As aventuras de Cacauequi obtivo o III Premio Castelao da Deputación da Coruña. No 2009 foi candidato aos premios do Saló de Barcelona.