Portal de tu Ciudad Alta

12/04/2010

Conferencia de Javier Zaragoza

📍 Fundación Caixa Galicia Rúa do Vilar, 19.

Horario : 20:00

O fiscal xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza, ofrece unha conferencia sobre 'Resposta xudicial ante a delincuencia organizada', dentro das actividades dos 'Luns do Ateneo'.

Javier Zaragoza Augado naceu en 1955 en Alcorisa (Teruel). En 1982 ingresou na Carreira Fiscal e ocupou diversos cargos en Guipúzcoa e en Madrid. Foi xefe da Fiscalía Antidroga de abril de 2005 a maio de 2006, e ese mes foi nomeado fiscal xefe da Audiencia Nacional desde maio de 2006, cargo que ocupa na actualidade. É membro da Unión Progresista de Fiscais (UPF).