14/04/2010
Tertulia cultural sobre o Día das Letras Galegas
📍 Dado-Dadá Rúa Alfredo Brañas, 19
Horario: 20:00
A revista de pensamento e cultura Tempos Novos organiza unha nova tertulia cultural, que nesta ocasión se pregunta sobre o valor do Día das Letras Galegas como forma de promoción da lingua e a literatura galegas.
Está a celebración do Día das Letras Galegas a devir unha conmemoración excesivamente institucional e afastada da sociedade? Que fórmulas poderían artellarse para facer desta necesaria homenaxe unha festa participativa e con continuidade todo o ano? Está a devir unha mera escusa comercial para editoras e produtoras culturais que cubren durante un ano a inconstante demanda de administracións locais e educativas?
Estas son algunhas das cuestións que serán abordadas na tertulia polo editor Manuel Bragado; a escritora e profesora Mercedes Queixas; o dramaturgo, membro da RAG, Euloxio R. Ruibal; o técnico de normalización lingüística Nel Vidal ou a bailarina Branca Novoneyra, filla do homenaxeado deste ano, Uxío Novoneyra.