14/04/2010
Proxección de 'Historias domésticas' e 'Pode a dialéctica romper ladrillos'?
📍 Cineclube de Compostela Rúa Santa Clara, 21
Horario : 21:30
O Cineclube Compostela continúa o seu ciclo sobre a metraxe encontrada e a reutilización do material cinematográfico con dúas producións alemana e francesa que reaproveitan material de filmes de Hollywood e de kung-fu chinés respectivamente.
* Historias domésticas. (Home Stories, Matthias Müller / Dirk Schaefer, Alemaña, 1990, 6', VO)
* Pode a dialéctica romper ladrillos?. (La dialectique peut-elle casser des briques?, René Vienet / Kuang-chi Tu, Francia, 1973, 90', VOSG)
A curtametraxe de Müller e Schaefer Historias domésticas é un collage de escenas de melodramas hollywoodianos dos 50 e 60. A montaxe fai que os movementos das actrices semellen unha coreografía mentres o filme xoga cos estereotipos do xénero e mostra o papel das mulleres como obxecto 'voyeurístico' do filme.
No filme Pode a dialéctica romper ladrillos? René Vienet reapropiase das imaxes do filme de kung-fu chinés A aglomeración , de Kuang-chi Tu, no que os loitadores de taekwondo coreanos opostos ao invasor xaponés viran proletarios que tentan vencer a burocratas violentos e corrompidos por medio da dialectica e o subxectivitismo radical.