Portal de tu Ciudad Alta

16/04/2010 – 17/04/2010

Obradoiro de Teatro do Oprimido

📍 Biblioteca Caixa Madrid Rúa das Casas Reais, nº 14

🎟️ De balde. Inscrición previa (20 prazas dispoñibles)

Horario: De 10 a 14 h e de 16 a 20 h

Terceira edición deste obradoiro dirixido por Nuno da Silva. O Teatro do Oprimido é un sistema de xogos e técnicas teatrais específicas dirixido a calquera persoa, sen que sexa necesariamente un actor.

Esas técnicas axudan a usar unha linguaxe teatral, que permite a través dunha análise do pasado, a comprensión do presente, posibilitando a presentación de novas propostas para un futuro máis xusto.

Os obxectivos que se buscan son profundizar no coñecemento sobre os principios e diferentes formas de Teatro do Oprimido, nomeadamente o Teatro da Imaxe, e traballar sobre o modelo de espectáculo de teatro fórum. Tentarase construír un espectáculo de raíz sobre un tema escollido polas persoas participantes: técnicas de ensaio, personaxes, estrutura do espectáculo...