Portal de tu Ciudad Alta

20/04/2010

Álvaro Vieito Cuarteto presenta 'Introducing'

📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34

🎟️ 5€. Entradas á venda na billeteira electrónica de Caixa Galicia e no teléfono 902 43 44 43. No despacho de billetes do Salón Teatro, dúas horas antes do comezo do concerto

Horario : 20:30

O guitarrista pontevedrés Álvaro Vieito debuta con Introducing, no que opta por unha formación de cuarteto cun marcado carácter internacional: Max Gómez á batería, o xaponés Masahiro Yamamoto aos saxos alto e soprano e o estadounidense Ross Gallagher ao contrabaixo.

Álvaro Vieito formouse en Compostela e en Nova York con mestres como Vic Juris, Lage Lund, Jonathan Kreisberg, Rory Stuart, Marcelino Galán e Michel González, entre outros, o guitarrista do Porriño colaborou na súa traxectoria profesional como músico en diferentes formacións, entre elas, Álvaro Vieito Trío, Álvaro Vieito & Diego Pérez, Hira-Joshi, S.E.M. Big Band e Xerpo, ademais do seu cuarteto.

Para completar a súa formación participou en diferentes cursos e seminarios, como o II Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, con Abe Rábade, Paco Charlín e Santi Quintáns; o Pontevedra Jazz Workshop con Jonathan Kreisberg, Jaleel Shaw e Donald Edwards; o Seminario de Improvisación Bebop con Barry Harris no Taller de Músicos de Madrid e un curso de perfeccionamento con Ramón Ángel Rey, Abe Rábade, Jesús Santandreu e Paco Charlín. Realizou tamén master classes con Jonathan Kreisberg, Dave Frank, Frank Gambale, Walter Thompson, Nuno Ferreira, Baldo Martínez, João Moreira, etc.