02/01/2017 – 07/01/2017
Panorama Kids e Caperucita Roja
📍 Teatro Colón
Os máis pequenos serán os protagonistas no comezo de ano no Teatro Colón coas funcións de Panorama Kids e Caperucita Roja
Entre o luns 2 de xaneiro e o mércores 4 a volve a Orquestra Panorama con 4 funcións do seu espectáculo musical “Panorama Kids” co que gozar en familia, e que se desenvolve no entorno dos feitos cotiás dos diferentes membros da formación, encabezada polo seu líder e director Lito Garrido. Na trama intercálanse números musicais de onte e de hoxe cun corte puramente familiar. (Entradas 12€)
E para rematar coas festas, o sábado 7 de xaneiro chega ao Teatro Colón “Carapuchiña Vermella”. Nesta coidada produción preséntase o traballo musical levado a cabo minuciosamente por un novo compositor uruguaio, Carlos Aznarez, quen acerta a transportarnos á historia da moza Carapuchiña nun mar de notas salpicadas da maxia que ofrece a coñecida historia. Por outro lado, o texto foi adaptado e dirixido para a ocasión por Miguel Ribagorda, quen tivo en conta por un lado a versión de Carapuchiña Vermella de Charles Perrault, escritor francés autor tamén de O Gato con Botas e Pulgarciño, e por último a súa visión e adaptación para o público teatral e familiar. Unha versión divertida e pedagóxica coa que gozar dunha nova Carapuchiña para toda a familia. (Entradas dende 8€)