Portal de tu Ciudad Alta

20/04/2010 – 21/04/2010

'Comunicar cultura' sobre xornalismo cultural

📍 Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º andar

🎟️ De balde (inscrición previa)


Unhas xornadas par abordar o panorama e os desafíos do xornalismo cultural, as experiencias desde distintos medios e soportes da comunicación e en internet en Galicia e as políticas culturais en Europa, coa intervención de profesores, investigadores da comunicación e xornalistas.

Entre os participantes nestas xornadas, enmarcadas nos foros de debate que vén organizando o Arquivo da Comunicación do CCG, figuran Ramón Lobo (El País), Xosé Pereira, Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; José María Caminos Marcet (Euskal Herriko Unibertsitatea), María Pallier (Metrópolis), Carlos Gonzalez Reigosa (Comité asesor da Fundéu), Alfonso Armada (Fronterad), Francisco Rodríguez Pastoriza (Universidad Complutense de Madrid) ou Jacques Guyot (Université de París-8). Canda eles aportarán as súas visións xornalistas de medios impresos, radiofónicos e dixitais de Galicia.

As sesións terán lugar no salón de actos do Consello da Cultura Galega os días 20 e 21 de abril, mañá e tarde e finalizarán o día 29 ás 17 horas coa conferencia sobre "Diversidade cultural e converxencia dixital", a cargo de Jesús Martín Barbero, profesor da Universidad Javierana de Bogotá e membro do Consejo Nacional de Cultura de Colombia.