Portal de tu Ciudad Alta

19/04/2010 – 23/04/2010

Taller de crítica de arte

📍 Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).20 prazas dispoñibles.Rúa Valle Inclán s/n.

🎟️ 35 euros. Solicitudes na recepción do CGAC, por teléfono do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos, por correo electrónico ou na web www.cgac.org

Horario: 16:30 - 20:30

Dirixido por A*DESK. O taller propón un espazo de encontro, debate e creación ao longo dunha semana.

Trátase de crear redes de comunicación entre a produción crítica en España, estudar a produción artística e a súa situación estrutural, así como presentar modelos de produción crítica e ofrecer unha plataforma de distribución da mesma.

Integrado por Montse Badía, Martí Manen e David G. Torres, a proposta de A*DESK concluirá coa publicación dun número especial da súa revista.