20/04/2010
'A leira magnética' de Carlos Santiago
📍 Pub Atlántico.Miguel, 9. Teléfono: 981 577 396.
🎟️ 3 euros. 2,50 euros anticipada
Horario:22:00
O narrador e dramaturgo Carlos Santiago presenta o seu novo espectáculo de narracións: 'A leira magnética: monólogos apostólicos, económicos e galaicos', un repaso delirante da actualidade.
Así presenta Carlos Santiago o seu espectáculo: "Canto son dous máis dous na lingua de Rosalía? Intercederá o Espírito Santo na solución da crise económica? Quen logrou que o Papa veña a Santiago no Ano Santo? Cal é o sentido pexorativo da palabra 'gallego'? Por que ofenderse é unha estupidez aldeá, cantonal e provinciana? Hai vida intelixente do outro lado do Túnel de Guadarrama? Onde fica El Desván de Los Monjes? E La Coruña? Por que sabemos quen é Belén Esteban? É Ourense a vangarda política de Europa? Cantos millóns de peregrinos gañarán o xubileu? Volverán os Rolling Stones actuar no Monte do Gozo? Por que o Rei de España non se xubilou aos sesenta e sete anos para dar exemplo?..." Son só algunhas das preguntas as que tratará de dar resposta Carlos Santiago.