Portal de tu Ciudad Alta

22/04/2010

Obradoiros de iniciación ás redes sociais

📍 Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Sala de traballo no 3º andar) Avda. de Xoán XXIII, s/n

Horario. 18:00

Os xoves 8, 15 e 22 de abril o Saint James Institute ofrece obradoiros de iniciación ás redes sociais en internet, dirixidos a rapaces e rapazas entre 13 e 16 anos.

A sesión do xoves 8 está centrada na creación e xestión de páxinas en facebook, tuenti e outras redes; o xoves 15 na creación e xestión de blogs; e o xoves 22 na creación e publicación de libros electrónicos.

Para participar nos obradoiros é necesaria a inscrición previa, e desenvolveranse cun máximo de 15 persoas.