Portal de tu Ciudad Alta

21/04/2010

Obradoiro do espectador: sesión de adestramento

📍 CSC Ensanche Frei Rosendo Salvado, 14-16

🎟️ 8 €. 3 € para 'tripulantes' da Sala Nasa. Incluída a asistencia ao espectáculo posterior

Horario: 20:00

Primeira sesión dun novo obradoiro do espectador, unha actividade que trata de achegar o público á escena contemporánea, neste caso a través de Assemblage, peza de danza contemporánea de Uxía P. Vaello.

Nesta primeira sesión de adestramento, os participantes contextualizan o espectáculo que van ver máis adiante. Uns días despois asisten ao espectáculo escénico contemporáneo e a un coloquio posterior cos axentes creativos do espectáculo. O espectáculos e o encontro cos creadores terá lugar o 23 de abril ás 21.30h na Sala Nasa.