21/04/2010 – 25/04/2010
O Cirque du Soleil presenta en Santiago 'Saltimbanco'
📍 Pavillón Multiusos Fontes do Sar C/Gaias
🎟️ Entradas esgotadas.
O Cirque du Soleil chega por primeira vez a Galicia. 50 artistas de 20 nacionalidades e 140 profesionais representan o espectáculo Saltimbanco, unha exhibición de acrobacias, maxia luz e son dirixida a todos os públicos.
Saltimbanco, leva en cartel desde 1992, e xa chegou aos 10 millóns de espectadores logo de 5.000 funcións. Cada ano Saltimbanco visita 40 cidades co seu espectáculo de maxia incomparable, música en directo e as mellores e máis difíciles acrobacias.
Cirque du Soleil é unha compañía canadense con base en Montreal, fundada en Baie-Saint-Paul en 1984 por dous artistas de rúa, Guy Laliberté e Daniel Gauthier. Cada espectáculo do Circo do Sol é unha síntese de varios estilos de circo de todo o mundo, co seu tema central e historia. Mergullan á audiencia nunha presentación continua de música en vivo, con artistas no canto de tramoias.
As creacións do Cirque du Soleil foron gañadoras de numerosos premios incluíndo un Bambi, un Rose d'Or, tres Gemini Awards e catro Primetime Emmy Awards.