Portal de tu Ciudad Alta

21/04/2010

O filme 'Bloqueo' no ciclo sobre metraxe encontrada

📍 Cineclube de Compostela Rúa Santa Clara, 21

Horario: 21:30

O Cineclube de Compostela programa en abril un ciclo sobre cinema encontrado. Nesta ocasión proxéctase o filme de Sergei Loznitsa Bloqueo, un filme sobre o sitio de Leningrado na Segunda Guerra Mundial, producido en Rusia no 2006.

* Bloqueo. (Blokada, Sergei Loznitsa, Rusia, 2006, 52', VO)

Composta de imaxes practicamente descoñecidas que Loznitsa encontrara nos arquivos soviéticos, esta fita recrea o bloqueo de Leningrado, que durou novecentos días, sendo o máis longo de toda a Segunda Guerra Mundial. Loznitsa non queda na simple montaxe dos arquivos, senón que engade ao material silente unha meticulosa banda sonora que recrea no máis mínimo todo o son da guerra, envolvendo ao espectador, que acaba por sentirse dentro do sitio da cidade.