Portal de tu Ciudad Alta

22/04/2010

Conferencia sobre movementos sociais e sociedade civil

📍 Consello da Cultura Galega Pazo de Raxoi, 2º andar.

🎟️ inscrición previa

Horario: 17:00

A investigadora italiana Donatella della Porta pronuncia a conferencia 'Os movementos sociais e a sociedade civil: de como os emerxentes conflitos sociais cuestionan as perspectivas adoptadas polas ciencias sociais', dentro do seminario interdisciplinar 'O(s) sentido(s) da(s) cultura(s).

Donatella della Porta é profesora de Socioloxía e Directora de Investigación do Departamento de Ciencias Políticas e Sociais no European University Institute, Florencia. Os seus principais intereses investigadores refírense aos movementos sociais, a violencia política, o terrorismo, a corrupción e as forzas e as políticas da orde pública, cuestións verbo das cales realizou estudos en Italia, Francia, Alemaña e España.

Dirixiu un proxecto de investigación comparativa sobre o control das manifestacións públicas masivas en Europa e outro sobre as forzas policiais de Italia. Na actualidade participa en varios proxectos comparativos centrados na cidadanía e os movementos sociais.

'O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)' é un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente que realiza o Consello da Cultura Galega. Este seminario, coordinado polo profesor Ramón Maiz, ten como obxectivo abordar os debates e investigacións mais recentes sobre as plurais nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión cultural, os estudos culturais, as políticas do multiculturalismo, etc.