Portal de tu Ciudad Alta

22/04/2010

Proxección de 'The Blues Brothers (Pillabáns a todo ritmo)'

📍 Fonoteca Universitaria Facultade de Ciencias da Información. Avda. Castelao

Horario: 18:00

A Fonoteca Universitaria proxecta este musical clásico dos anos 80, cheo de blues, rock e moito ritmo.

The Blues Brothers, Estados Unidos, 1980
Xénero e duración: Comedia, 132'
Dirección: John Landis
Guión: John Landis e Dan Aykroyd
Música: Elmer Bernstein
Fotografía: Stephen M. Katz
Intérpretes: Dan Aykroyd, John Belushi, Henry Gibson, Carrie Fisher, James Brown, Kathleen Freeman


Logo de pasar anos no cárcere por roubo a man armada, Jake Blues é posto en liberdade por bo comportamento. Sae de prisión vestido da mesma forma na que entrou: traxe e chapeu negro e lentes escuras. Na porta espéralle o seu irmán Elwood vestido de idéntica maneira. Agora, o único fogar que coñeceron está en perigo. O orfelinato de Santa Elena necesita unha gran cantidade de diñeiro. Os irmáns póñense ao choio.