Portal de tu Ciudad Alta

22/04/2010

Ros Marbà dirixe a 'Misa en do menor' de Mozart

📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións

🎟️ 10 €, cun desconto do 40% para maiores de 65 anos e titulares do carné xove ou de estudante.

Horario: 21:00

O director titular da Real Filharmonía de Galicia, Antoni Ros Marbà, será o encargado de conducir a orquestra neste concerto no que participa o Cor de Cambra do Palau da Música Catalá.

Antoni Ros Marbà, director
María Espada, soprano
Lenneke Ruiten, soprano
Agustín Prunnell-Friend, tenor
Florian Boesch, barítono
Cor de Cambra do Palau da Música Catalá

A. Honegger, Sinfonía núm. 2 W. A. Mozart, Misa en do menor, KV 427


A RFG interpetará a Sinfonía núm. 2 de Honegger e a Misa en do menor de Mozart, nun recital no que participarán as sopranos María Espada e Lenneke Ruiten, o tenor Agustín Prunnell-Friend e o barítono Florian Boesch.

Mozart comezou a compoñer a Misa en do menor en 1782, e estrenouna en Salzburgo o ano seguinte. Está considerada unha das grandes composicións da música sacra occidental, xunto co Requiem do propio Mozart.