23/04/2010
Acto de entrega de premios dos certames literarios 2009
📍 CSC Fontiñas Rúa Berlín, 13
Horario: 20:00
No acto de entrega dos premios da VII edición do Certame de Poesía Aurelio Aguirre e do IX Certame de Relato Curto "José Saramago" haberá un recital poético a cargo de María Lado e Lucía Aldao.
María Lado e Lucía Aldao son dúas das voces poéticas novas máis interesantes da literatura galega. Lado naceu en Cee en 1979 e é autora dos libros de poemas A primeira visión, Casa atlántica, casa cabaré e Berlín. Aldao naceu na Coruña en 1982 leva desde os 17 anos escribindo, recitando e mesturando a poesía con música, videocreación...
Os premios dos certames de 2009 convocados pola Rede de Centros Socioculturais recolleranos Alberte Momán o Aurelio Aguirre de Poesía por 'Sermos un' e Diego Giráldez o José Saramago de Relato por 'Un cometa para unha despedida'.