23/04/2010 – 24/04/2010
Mabel Rivera interpreta a Maria Callas en 'Master class'
📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.
🎟️ 10 € en patio de butacas, platea e 1º andar; 8 euros en 2º andar e 6 euros en anfiteatro
Horario: 21:00
Mabel Rivera volve aos escenarios para interpretar á cantante Maria Callas nos seus últimos anos. Unha produción galega que adapta a célebre obra Master Class, do norteamericano Terrence McNally.
Master Class estreouse hai quince anos en Broadway e foi merecedora do premio Tony 1996 á mellor obra de teatro. A nova versión conta coa dirección de Xosé Manuel Rabón.
A obra recrea os últimos pasos da soprano no mundo da arte, impartindo clases maxistrais na academia neoiorquina Juilliard. Este é o pretexto para mostrar as dúas caras da mesma moeda que eran a Callas íntima e a personaxe pública. No elenco da obra atópanse tamén Lino Braxe e María Torres.