23/04/2010
Najwa en concerto
📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal, 5
🎟️ 20 €
Horario: 21:30
A actriz e cantante Najwa Nimri chega á Capitol para presentar o seu novo disco, El último primate, no que se volve mover entre o pop, a electrónica e os ambientes escuros, pero agora con letras en castelán.
A bilbaína Najwa Nimri deuse a coñecer primeiro como actriz, para logo saltar ao eido musical co galego Carlos Jean no proxecto Najwajean. En solitario publicou tres discos entre 2000 e 2006, todos eles con letras en inglés. Agora volve catro anos despois do seu anterior traballo.