Portal de tu Ciudad Alta

24/04/2010

Os intocables contra Al Catone

📍 Arteria Noroeste Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

🎟️ 3 euros. 2,50 euros para estudantes, carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas e socios da SGAE

Horario: 18:00

Nesta longametraxe, un equipo de valentes ratiños policías loita para rematar co contrabando de queixo. O filme forma parte do ciclo Cine Cativo, dedicado á oferta audiovisual infantil e familiar de orixe galega, española ou latinoamericana.

Cheesecago, anos 30... A cidade está dominada polos matóns do gángster Al Catone, un malvado gato napolitano que se enriqueceu co contrabando de queixo, tomando o control da xusticia e da policía.

Para loitar contra a corrupción e devolver a lei e a orde, a Rateira Federal de Investigación decide enviar aos seus mellores axentes, Elliot Mouse, Gordon e Mr Wilson.
Coa axuda de Jack o Irlandés, un esperimentado policía que lles ofrece un incrible coche, repleto de armas e cachivaches, farán fronte ás bandas do crime organizado.