24/04/2010
Femi Kuti no ciclo Sons da Diversidade
📍 Auditorio de Galicia Avda. do Burgo das Nacións
🎟️ 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.
Horario: 21:00
Fillo do mítico músico e líder nixeriano Fela Anikulapo Kuti, Femil Kuti herdou a coroa de rei do afrobeat. En Santiago presenta o seu primeiro álbum de estudo en sete anos, Day by Day.
Femi Kuti soa a afrobeat, unha combinación de música yoruba, jazz, highlife, yefunk que seu pai creou a principios dos 60, que foi moi popular na África dos anos 70 e que el levou ata audiencias ás que seu pai nunca fora capaz de chegar. No seu último disco, Femi volve máis optimista e entusiasta que nunca, cun traballo que nos devolve aos días de gloria das grandes bandas de Nixeria, pero con aires jazzísticos.