Portal de tu Ciudad Alta

25/07/2017 – 31/07/2017

Bandas galegas e Ciclo Compostela é!

📍 Santiago de Compostela

- Os actos do Apóstolo darán comezo coa Ofrenda e posterior recepción no Pazo de Raxoi ao delegado rexio.
- Ademais, a praza de Mazarelos acolle a Romaría dos libros de 11:00 a 21:00 horas, organizada por Compostela Literaria, e a partir das 12:30 horas, os cabezudos percorrerán as rúas de Santiago.
- Ás 20:00 horas, a atención centrarase no Estadio de San Lázaro, onde terá lugar o II Memorial Antonio Bermúdez, como recordo ao falecido xornalista deportivo. Neste partido enfrontaranse a SD Compostela e o CD Lugo. As entradas custarán 10 euros, salvo para os menores de 12 anos e para os socios, que serán de balde.

Bandas galegas
As Festas do Apóstolo volven reservar unha noite para as bandas galegas, coincidindo ademais co 25 de xullo. A partir das 22:00 horas, na praza da Quintana, toman a batuta os grupos galegos Comando Katana, Bifannah, Jay, Bala e Novedades Carminha, cada un cun estilo diferente.

Compostela é! Música
A praza do Toural volve acoller aos grupos composteláns que nos ofrecerán a súa mellor música e repertorio dende o 25 e ata o 31 de xullo. Mañá martes é a quenda da Orquestra Xuvenil de Estudio, Escola de Música, que estará comandada polo seu director, José Nine.

Ademais a Alameda será o escenario elixido para unha noite máis de orquestra, nesta ocasión é a vez para Aché.

Repetición dos Fogos
Este 25 de xullo será unha das dúas xornadas nas que se repetirá o espectáculo audiovisual dos Fogos do Apóstolo na praza do Obradoiro, con dous pases, un ás 22:30 e outro ás 23:30 horas.