Portal de tu Ciudad Alta

06/05/2010

XORNADA SOBRE SOFTWARE LIBRE PARA PROFESIONAIS E EMPRESAS TIC

📍 Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela

🎟️ Inscripción online de balde ata o 5 de Maio (condicionado ao aforo do local)

O día 6 de maio, en xornada de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, unha xornada de achegamento ao SwL para profesionais e empresas TIC.

A xornada tratará de achegar aos asistentes a potencialidade do SwL e a capacidade das súas ferramentas. O evento estrutúrase en tres módulos diferenciados nos que, o primeiro deles, fará fincapé en aspectos relacionados coa legalidade (licenzas) e modelos de negocio asociados ao SwL, para, a seguir, módulos segundo e terceiro, centrarse en contidos relacionados co desenvolvemento e a administración de sistemas.

O evento está especialmente dirixido a persoal técnico, autónomos e/ou directivos de empresas TIC, tanto do sector privado como público, así como para o persoal desempregado técnico que teña interese na temática.

Para máis información:
cntg.xunta.es/web/cnt/acontecimientos