27/04/2010
Ophiusa presenta 'Sin Planeta'
📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34
🎟️ 5 €
Ophiusa presenta Sin Planeta, o seu segundo disco de estudio, no que o grupo evoluciona cara á parte máis eléctrica e ecléctica dentro do seu propio son e dá un xiro cara a contemporaneidade.
Gravado nos seus propios estudios (Pink), a banda puido traballar sen presións e con liberdade, e iso traduciuse na posibilidade de experimentaren sen présa. De novo Ophiusa optou pola autoprodución. Sin Planeta é o resultado desa liberdade creativa absoluta. No disco colaboran Bieito Romero (Luar na Lubre), Óscar Fernández (bOnOvO), Benxamín Otero (Linho do Cuco) ou o guitarrista Valentín Caamaño, entre outros.
Ophiusa nace en 1986 en Santiago de Compostela e durante case dez anos amosa o seu traballo en diversos escenarios da península. En 1995 a formación decide facer unha paréntese na súa actividade como grupo. Porén, a finais de 2005, Ramón Feáns, Paco Nogueiras e Antonio Presedo volven xuntarse de novo con vistas a facer unha sinxela posta en común das súas respectivas traxectorias musicais. Como resultado, e despois de comprobaren a gran cantidade de ideas estético-musicais que seguen tendo en común, deciden retomar o antigo proxecto musical incorporando nas súas filas a Paulo Gacio, Dani Riveiro e Antón Bello.
En 2008 o grupo entra no estudio de gravación para rexistrar o seu primeiro disco, Paos. O resultado é un son directo e apaixonante, unha viaxe que, con marcada entidade galega, interactúa cos diferentes ritmos das músicas populares globais, e onde se rende unha sincera homenaxe ás cousas de todos os días, que precisamente polo seu carácter cotián nos pasan desapercibidas a maioría das veces.