27/04/2010
Héctor Lorenzo en concierto
📍 Casa das Crechas Vía Sacra, 3.
🎟️ 2 €
Horario : 22:30
O guitarrista e cantante compostelán ofrece unha actuación marcada pola bossa nova e o jazz vocal. Héctor Lorenzo é colaborador habitual de músicos como Quim Farinha, Uxía, Pablo Seoane ou Carmendor.
A carreira musical de Héctor Lorenzo inicouse hai dez anos no grupo Mugardos, co que grava dous discos: O sol vai chegar (1998) e E aí (2000).
En 2001 forma un dúo co violinista Quim Farinha chamado Sol de Farofa, no que comeza a interpretar as súas músicas, estándar de jazz, bossa nova... Nesta mesma época toca tamén coa cantante Carmendor, e realiza a xira Artistas en ruta 2002. Colabora tamén no seu último disco Dora Maar 74.
En 2003 forma a banda Brasil & Funk co batería Elías Cassamo e Alfonso Calvo ao baixo, coa que tocan por numerosos pubs e salas galegas.
Na súa faceta de compositor, compre mencionar Rumores de faluas, tema que crea para a cantante Uxía ao que ela lle pon letra, e que está incluído no seu último disco.