Portal de tu Ciudad Alta

28/04/2010

X Concurso de relato oral 'Tíralle da lingua'

📍 Teatro Principal Rúa Nova, 21.

Ao longo do día, ducias de estudantes de toda Galicia pasarán polo Teatro Principal neste certame organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, no que premia o mellor contador de historias co obxectivo de normalizar o uso oral do galego como instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias.

O certame ten unha fase previa nos propios centros de ensino e unha fase final no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Os alumnos e alumnas participarán agrupados en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundario e ensino postobrigatorio.

Concederase un primeiro premiio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima, por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.