Portal de tu Ciudad Alta

29/04/2010

Festa do Trópico: batucada con grelos

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53

🎟️ 5 €

Horario : 21:30

A Asociación Cultural Trópico de Grelos ofrece unha noite de festa completa con ambiente brasileiro: caipirinhas, boa música do Brasil e un concerto no que Trópico de Grelos amosará algúns dos seus proxectos actuais.

O concerto terá tres partes: toques de Candomblé, que nos achegará aos ritmos afrobrasileiros máis potentes e primitivos; batucada, que é a especialidade desta asociación e o seu proxecto máis vello e consolidado; e "Trópico no Palco", un proxecto de nova creación que consiste nun numeroso bloco de percusionistas, acompañando á voz e outros instrumentos harmónicos, cun repertorio cheo de clásicos da música brasileira, de sobra coñecidos polo público. Ao longo da actuación irán pasando polo escenario diferentes invitados.