30/04/2010 – 01/05/2010
David Loira presenta 'Macho'
📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53
🎟️ 9 €. Reducida (estudantes, parados, xubilados, discapacitados): 7 €. Tripulación: 5 €. Por Internet: 8 €
Horario : 21:30
O mes que a Sala Nasa dedicou á danza contemporánea feita en Galicia péchase co primeiro traballo de David Loira coa súa propia compañía, Dloira. Un achegamento contemporáneo ao tema da identidade, o respecto e a liberdade a través dun corpo masculino en coma.
Autor, dirección, escenografía e vestiario: David Loira
Son: Alain Baumann
Iluminación: Octavio Mas
Elenco: David Loira e Fiona B. McCudden
Macho foi seleccionado e apoiado por unha residencia artística concedida polo Centro Coreográfico Galego, desenvolvida durante xuño de 2009. "Se pecho os ollos convértome en paisaxe", di David Loira sobre o seu traballo.
En Macho establécese unha relación entre unha temática sobre identidade sexual e unha temática floral, até chegar á idea dun corpo masculino en coma. Evocando ese corpo ausente, en aparencia inmóbil, introdúcese a imaxe dun lago e a idea que relaciona o corpo, o movemento, a auga e a paisaxe. Descubrindo e atopando o corpo masculino, a medida que se vai agochando da vida e da morte, faise presente e vaise convertendo nunha flor na que entra en dialéctica o feminino e o masculino, a acción e a non acción, a vida e a non vida, o soño e a realidade.
Escrito, dirixido e interpretado por David Loira, Macho conta co acompañamento no traballo de escena de Rosa Sánchez e Alain Baumann, de Kònic Thtr, plataforma recoñecida internacionalmente como pioneira no emprego e incorporación de tecnoloxía en proxectos de creación. Tamén participa Toni Mira, da Compañía Nats Nus, como asesor artístico. Conforman así mesmo o equipo do proxecto a actriz e bailarina Fiona B. McCudden, Octavio Más na iluminación, Masako Hattori no vídeo, Xacobo Torres na axudantía técnica e Roberto Fratini na asesoría de dramaturxia.