Portal de tu Ciudad Alta

14/12/2017 – 07/01/2018

Actividades de Nadal na Coruña

📍 A Coruña

Praza de María Pita
Actividades de Nadal dirixidas especialmente aos e ás máis cativas (actuacións musicais e de teatro no iglú, atraccións, carrusel, visitas de Papa Noel, ou a Casa dos Xoguetes para o fomento da reutilización e a economía circular). Tamén o tradicional Belén Municipal, que este ano terá como novas figuras a Marcela e Elisa “debido á aposta do goberno local pola visibilización e os dereitos das diversidades”. Poderá visitarse até o próximo 6 de xaneiro. O horario, até o 4 de xaneiro, será de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00, a excepción dos días 24, 25, 31 e 1, que estará pechado. O 5 de xaneiro o horario de apertura será de 12.00 a 14.00 horas, mentres que o 6 de xaneiro será de 17.00 a 21.00 horas.

Música de Arraigo
O Pazo de María Pita acollerá dende o 16 ao 30 de decembro actividades do Certame de Arraigo de Nadal, así como os tradicionais Pasarrúas de Nadal, que comezarán o día 15 até final de mes, comentou o responsable municipal de Culturas.
O venres 29 de decembro, o Pazo de María Pita abrirá as súas portas a toda a veciñanza para realizar unha recepción oficial de Nadal que terá lugar ás 13.00 horas. Está prevista a actuación da aula de jazz da Escola Municipal de Música.
Á programación se incrementará coas actuacións programadas no Pazo da Ópera, como o XXIV Certamen Navideño da Federación Provincial de Asociacións de Pais de Alumnos (FAPA), que terá lugar o 14 de decembro, ás 20.30 horas; o VIII Concerto de Nadal Padre Rubinos, que se celebrará á mesma hora o 20 de decembro, e a Gala Clausura do XXVII “Encontro de música navideña Cidade da Coruña”, que terá lugar o día 23, tamén ás 20.30 horas.

Fin de Ano en María Pita e San Silvestre
Celebración das badaladas de Fin de Ano, a noite do 31 de decembro. Está previsto que a partir das 00.10 horas a Praza de María Pita acolla a actuación do grupo Le Suit Band co espectáculo The History of Music. As actividades, non obstante, comezarán xa as 23.30 horas e o monologuista Víctor Grande actuará como mestre de cerimonias. A Carreira de San Silvestre celébrase o último día do ano.

Cabalgata
Terá lugar o 5 de decembro e que este ano se caracterizará por primar a accesibilidade e a seguridade, tanto de público como de participantes. A temática da cabalgata xirará este ano arredor do ‘Nadal, tempo de paz’, cunha mensaxe sobre a convivencia pacífica e a harmonía colectiva neste tempo festivo, a través dunha comitiva que estará conformada por 6 carrozas e 4 trens, e na que participarán 11 compañías de artes escénicas, a metade delas, intenacionais. Durante o seu transcurso repartiranse un total de 6 toneladas de caramelos, que serán aptos para o consumo de persoas celíacas.