Portal de tu Ciudad Alta

27/05/2010

IGLOO - II Festa da Primavera no Ultramarinos

📍 Bar Ultramarinos Casas Reais, 34

🎟️ 3€

Horario : 22:30

Igloo nace en 2003, pero non é ata 2004 cando consolida a súa formación definitiva. A partir dese momento o grupo inicia a súa andadura cunha maqueta, coa que logra boas críticas a nivel estatal (Rock de Lux e Mondo Sonoro) e a atención do selo madrileño Junk Records, co que a banda ficha por tres LP. O seu primeiro LP de título homónimo recibe moi boas críticas (Mondo Sonoro, Muzikalia, Go Magazine, Universopop...) e conseguen soar en diversos programas de Radio 3 (Discogrande, Diario Pop, Siglo 21...) e de canles autonómicas de toda a xeografía. Ademais, o seu vídeo Y todo lo demás é programado por diversas canles especializadas (Fly Music, MTV España).
Sons electrónicos e melodías pop cunha clara influencia anglosaxona.

www.myspace.com/iglooeskimos