Portal de tu Ciudad Alta

28/05/2010

MOFA E BEFA - II Festa da Primavera no Ultramarinos

📍 Bar Ultramarinos Casas Reais, 34

🎟️ 5 €

Horario : 22:30

MOFA & BEFA poñen os seus mandís, arremánganse e métense na cociña a facer o que eles mellor saben, que non é nin fritir un ovo nin preparar unha caldeirada de bertorella, nin tan siquera pelar patacas. Cociñan as risas que lle arrincan ao público.

Dous xeitos de cociñar diferentes: o da cociña económica, onde non se aforra nada e onde se practica a liberalidade absoluta cos ingredientes e o da cociña KaKofónica onde postos a aforrar, aforran ata nas vocais das palabras coas que explican a receita.