Portal de tu Ciudad Alta

04/05/2010

Proxección de 'Cinzas do ceo' e coloquio co seu director José Antonio Quirós

📍 Arteria Noroeste, Vista Alegre (Parque de Vista Alegre). Rúa Bispo Pélaez, 7, baixo.

Horario: 18.00

En Arteria Noroeste desenvólvese unha nova cita do programa 'Cine por dentro: diseccionando filmes', coa proxección deste filme rodado en Asturias, seguida dunha master-class co seu director, José Antonio Quirós.

Cenizas del cielo, España, 2008
Xénero e duración: Drama, 96'
Dirección: José Antonio Quirós
Guión: José Antonio Quirós, Dionisio Pérez e Ignacio del Moral
Música: Ramón Prada
Fotografía: Álvaro Gutiérrez
Intérpretes: Celso Bugallo, Clara Segura, Gary Piquer, Beatriz Rico, Adriano Prieto, Fran Sariego

Ferguson, un escocés aventureiro, escritor de guías turísticas, visita o norte de España para completar a súa última publicación. A autocaravana que conduce déixao tirado non precisamente á beira dunha fermosa praia, senón baixo as chemineas dunha central térmica. Vese obrigado a permanecer alí, e descobre un novo mundo, un lugar imposible onde vai iniciar unha peculiar amizade con Federico, un home de campo que cre que o compromiso de Kyoto vai pechar a térmica que contamina o val.