Portal de tu Ciudad Alta

05/05/2010

Obradoiro do espectador: sesión de adestramento

📍 CSC Fontiñas.Rúa Berlín, 13. Teléfono: 981 528 750

🎟️ 8 €. 3 € para 'tripulantes' da Sala Nasa. Incluída a asistencia ao espectáculo posterior.

Horario: 20.00

Primeira sesión dun novo obradoiro do espectador, unha actividade que trata de achegar o público á escena contemporánea, neste caso a través de Camarada K, do grupo mallorquín Teatre del Mar.

Nesta primeira sesión de adestramento, os participantes contextualizan o espectáculo que van ver máis adiante. Uns días despois asisten ao espectáculo escénico contemporáneo e a un coloquio posterior cos axentes creativos do espectáculo. O espectáculos e o encontro cos creadores terá lugar o venres 7 de maio ás 21.30h na Sala Nasa.