05/05/2010
Aló Django en concerto
📍 Pub Borriquita de Belém. San Paio, 22
Horario: 22.45
Un novo concerto desta banda que mestura o swing con outros xéneros musicais e teatrais para ofrecer unha actuación con boa música e altas doses de humor.
Alo-Django nace no ano 2007 pola vontade de Mon Orencio (Ruso negro, Deguello, Cool Hamsters, etc) e Xabier Mera (cía. Pistacatro) de ofrecer un concerto divertido co swing como banda sonora.
Sumáronse como plantilla fixa o violinista Quim Fariña (Berrogüetto), o contrabaixista Alfonso Calvo, o violinista Xacobe Lamas e máis a mellor claquetista de Galicia, Gail Levitt. Ademais o proxecto ten o espírito de obradoiro musical, aberto a posibles colaboracións con outros artistas musicais cómicos, bailaríns,etc, moi en relacion co xénero do cabaré de onde proveñen os seus integrantes.