Portal de tu Ciudad Alta

07/05/2010 – 08/05/2010

CAMARADA K, DE TEATRE DEL MAR

📍 Sala NASA Cabo Sam Lourenzo 51-53

🎟️ 9 €. Reducida (estudantes, parados, xubilados, discapacitados): 7 €. Tripulación: 5 €. Por Internet: 8 €

Horario: 21:30

Teatre del mar erguerá o seu pano na Nasa para representar Camarada K, unha das seis obras de teatro seleccionadas para circular pola Rede de Teatros Alternativos durante a tempada 2009/2010. Camarada K evoca, a partir dos seus diarios, a súa correspondencia e a súa produción literaria, ao escritor ruso Daniil Kharms, un autor de vangarda que só foi quen de publicar dous poemas e uns cantos libros infantís, e cuxa vida se veu marcada pola Segunda Guerra Mundial e pola represión estalinista.