Portal de tu Ciudad Alta

06/05/2010

29ª edición da Feira do Libro

📍 Alameda

A 29ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela celébrase do 1 ao 9 de maio. Durante eses dez días, A Alameda acolle de 11 a 21.30 horas os expositores de librarías e editoriais que dan a coñecer as súas principais novidades. A feira complétase cun intenso programa de actividades.

Programa do 6 de maio

* 18.00 h. Obradoiro de creación de marcadores de páxinas impartido por Fabiola Cuevas
* 19.00 h. Presentación do audiolibro de Uxío Novoneyra Tempo de elexía, edición bilingüe, publicado por Alvarellos Editora. Co fillo do autor, Uxío Novoneyra Rey e o editor Enrique Alvarellos
* 20.00 h. Presentación do libro Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia, de Francisco Calo Lourido, publicado por Edicións Xerais. Con Xerardo Pereira-Menaut, catedrático de Historia Antiga da USC, Manuel Bragado, director da editorial, e o autor
* 21.15 h. Sorteo dun lote de libros