Portal de tu Ciudad Alta

08/05/2010 – 09/05/2010

Sexo? Por que non?

📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34

🎟️ 10 euros (desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xove e desempregados)

Horario:
8 de maio: 20:30
9 de maio: 18:00

Baseado nos textos de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame, con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.

O monólogo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico.