Portal de tu Ciudad Alta

12/05/2010

Vashti Bunyan no Festival Sinsal

📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34

🎟️ 10 euros (desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xove e desempregados)

Horario: 22:00

Vashti Bunyan é unha cantautora inglesa que publicou en1969 o fermoso disco Just Another Diamond Day, para despois retirarse durante 35 anos, para volver esta década reivindicada polas novas figuras do folk.

Nesta segunda parte da súa carreira publicou o disco Lookaftering (2005) e unha compilación de singles e demos gravados entre o 67 e o 69. Tamén colaborou con artistas como Devendra Banhart, Vetiver ou Animal Collective.